NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Unha negra sombra leva afumando sobre Seseña (Toledo) varios días xa. O incendio na instalación de almacenamento ilegal fai señais de fume do problema medioambental que existe no noso país.

neumático de autobús

As instalacións onde almacenar neumáticos fóra de uso teñen que estar situadas a unha distancia respecto a zonas forestais e outra instalación industrial para evitar incendios. Non poden mezclarse con outros residuos, a instalación teñen que ter un solo compactado e acondicionado para manter as condicións de seguridade cun sistema de recollida de augas superficiais. A altura máxima vai de 3 a 6 metros en silos, dividindo a zona de almacenamento en celdas ou módulos independentes cunha capacidade máxima de 1000 m3.

Non parece moi difícil acumular neumáticos. Un trasteiro o galpón na casa, abofé que si. Mais non queda aquí a cousa, senon que comprícase un chisco.
Os produtores de neumáticos teñen que remitir a Administración Pública (da súa Comunidade Autónoma) cantos neumáticos foron postos ó ano no mercado nacional, sexan importados o adquiridos doutros países europeos.
Os xestores de neumáticos informarán ás comunidades autónomas das cantidades de neumáticos e materiais procedentes de estes. No caso dos neumáticos, a “matrícula” que ten que levar é 160103. Varios personaxes circulan por esta vía: Axente de residuos non perigosos, Negociante de residuos non perigosos, Transportista profesional, Preparación para a reutilización, Almacenaxe temporal e Punto Limpio.

coche miniatura
O negociante e o axente de residuos son notificantes, van trasladar ou facer que se trasladen residuos. Teñen a obriga de tramitar o traslado dende produtor, cara ó destinatario, intermediario, consultor, etc.
Terá que controlarse canto se produce, canto se retira e, o máis interesante para o Medio Ambiente, canto se leva a tratamento de valorización.

roda de coche
Valorización é calquera operación que teña por resultado una finalidade útil ó residuo sustituíndo a outros materiais. As operacións que non sexan valorización chámanse eliminacións, ainda que teña como consecuencia secundaria o aproveitamento de sustancias o enerxía. Que se incineramos o residuo obtendo enerxía, vai ser eliminación. O destinatario é a persoa ou a empresa á cal se trasladan os residuos para a súa eliminación ou valorización.

coche de miniatura

No caso dos neumáticos, 2 empresas danlle unha segunda vida útil. Signus e TNU xuntan a recollida de mais de 200.000 toneladas no ano 2013 cunhas cifras semellantes en canto a valorización e reutilización.

porcentaxe valoración neumáticos
TNU ten varias liñas para darle un novo valor ó residuo:
illamento acústico y vibracional de paredes, cháns y teitos, feito de partículas de caucho, fibras metálicas e fibras téxtiles.
Atenuador del oleaxe nas zonas protexidas.
Carreteiras ecolóxicas con base de goma para darle adherencia e menos ruido.
• Futuros leitos de frenado, paralelos á calzada mezclando pedrullo, area e pezas de neumáticos.
Gardarraís de neumáticos reciclados para producir un efecto rebote e neutralizar a enerxía do impacto.

medidor do aire para neumáticosNo caso de SIGNUS, o neumático enteiro emprégase para barreiras de protección en circuitos de velocidade, reductores de altura de ola, aprovechamiento de superficie para balsas de almacenamento e infiltración, construcción de taludes, aplicacións en enxeñería de vertedoiros (protección de revestimento impermeable).

cartel garaxe
O triturado de neumático obténse da transformación do neumático enteiro sen separación dos tres componentes: Caucho, metal e fibra.

caucho, estructura molecular
Caucho sintético: polímeros elastómeros con excelentes propiedades mecánicas de tracción, flexión e compresión; propiedades dinámicas para absorción de impactos, absorción de vibracións e amortiguación do ruido. Os cauchos sintéticos poliisopreno son casi o 100% en configuración Z (cos sustituintes grupo metilo e hidróxeno no mesmo lado). Solen tratarse en quente con azufre, o chamado vulcanización, e asi formar pontes de azufre aumentando a elasticidade entre polímeros.

Metal : aceiro de moi boa calidade e grandes prestacións. Este material reciclase na empresa siderúrxica.
Fibra: material derivado do petróleo cun gran poder calorífico e con boas propiedades de illamento acústico e térmico, como o nailón, rayón ou poliéster.
O de menor tamaño emprégase como combustible sólido recuperado en cementeras.

parte de atrás do coche en miniatura

O de tamaño medio e grande rodan cara a obra civil, (extracción de biogás, material de drenaxe, muros..) e combustible sólido recuperado.
TRIOC é o triturado para aplicacións de obra civil (recheo lixero de terrapléns, material de drenaxe, recheos de trasdós de muros)
CHIP é o caucho e textil sen aceiro e finaliza coa valorización material e enerxética (combustible sólido recuperado).
Granulado ( 0,8-10 mm) emprégase para illamento, campos de céspede artificial, pavimentos, parques infantís e pezas de caucho.
Po serve para mezclas bituminosas, pezas de caucho e illamentos.

roda no garaxe
Aínda que son moitos os usos e aplicacións neste tratamento final do residuo, parece que non serán viables despois do incendio. Mais de 50.000 toneladas de rodas queimadas que xa non serán solución, se non un novo problema medioambiental.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

elevador de coches Esta entrada participa no “LVII Carnaval de la Química (Ed. Lantano)” aloxado no moi recomendable blogue La aventura de la Ciencia do gran Daniel Martín Reina.

REFERENCIAS
http://www.elconfidencial.com/espana/2016-05-16/incendio-esena-80-millones-neumaticos-reciclados_1200969/
http://siam.cmati.xunta.es/o-ambilex?p_p_id=lexislacion_WAR_lexislacion&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_lexislacion_WAR_lexislacion__spage=%2Fportlet_action%2Flexislacion%2FdetalleNorma&_lexislacion_WAR_lexislacion_idNorma=1367
http://www.sigrauto.com/
http://www.aedra.org/
http://www.boe.es/boe/dias/2006/01/03/pdfs/A00352-00357.pdf
http://www.tnu.es/
http://www.magrama.gob.es/imagenes/es/pemaraprobado6noviembrecondae_tcm7-401704.pdf#page=75&zoom=auto,-107,672

Anuncios

2 comentarios en “NEGRA SOMBRA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s