DANDO A LATA: BALEAS

 

RMS Mauretania afloat after launch

Dáme moita pena rematar este ciclo a redor das conservas, mais outras noticias esperan. Penden das redes no peirao. Hoxe pecho a triada “dando la lata” co pasado baleeiro galego na nosa lingua, como toca contar a nosa historia.

Aínda que houbo 3 faros na costa galega cun pasado baleeiro importante, nós arribamos na ría de Vigo  outra vez. Galicia foi potencia baleeira por ser unha zona de paso dos cetáceos. Volve a levar o temón do patrimonio industrial a familia Massó e a explotación dos recursos mariños: piar da sociedade da época. É xusto un recoñecemento pola importancia historica, social e económica, salientando a labor dos traballadores da vila de Cangas.

whale_3

Os cetáceos son os mamíferos mariños cunha extrema adaptación á vida acúatica. O cachalote pode facer inmersións de máis dun km de profundidade, aliméntase de calamares xigantes de pradeiras marinas e tén un único orificio nasal en forma de S. Do surtidor pódese  recoñecer baleas rorcuais (forma ovoidal), baleas (dobre) ou cachalotes (hacia adiante).

Os cetáceos arribaban á costa mortos ou desorientados, avistados por vixiantes nas atalaias de altos lares. Moitos son os mosteiros preto do mar, que viran as baleas na beira da costa coma envío divino.

cachalote-varado

Máis que a fama que teñen os vascos, a orixe da caza da balea xurde das mans galegas, asturianas e cántabras na franxa costeira do Cantábrico e Atlántico fisterrá. Na costa cantábrica  ármase unha flota exclusiva á persecución, caza e despezamento; os vascos empregaban portos galegos para as súas capturas (Malpica, San Ciprián, A Coruña,..).

cetaceo-museo-mar

Cazaban a balea franca (Eubalaena glacialis) ou balea dos vascos, a balea de pintas (Balaenoptera borealis), balea azul (Balaenoptera musculus), e balea común (Balaenoptera physalus)  das augas atlánticas. A primeira delas xa está extinguida no Atlántico europeo dende a idade media, e a balea azul foi cazada intensamente no século XX nas augas europeas.

Na época medieval o empregaban para alumearse e como alimento, existindo documentación das incursións dos pescadores vascos nas nosas costas.

Testemuña do noso pasado baleeiro son os escudos e nomes das localidades galegas e portuguesas, por exemplo, o escudo de Laracha, pobo en Caión, que vivía da forte extracción do mar.

escudo_de_laracha

Acelerando o tempo, chegamos ós comenzos do século pasado, cando surde  a industrialización do litoral. As 3 factorías marcadas no mapa son Morás (Lugo), Caneliñas (Cee, A Coruña) e punta Balea (Cangas, Pontevedra). Punta Balea foi creada (1955) e pertencía o complexo industrial de Massó, pero Massó xa traballara antes coas licenzas de Caneliñas e Morás no comezo do século.

mapa_galicia_baleeira

Empresarios noruegueses crean Caneliñas (1920) e no Sur de España, mais en pouco tempo, a familia conserveira obtén tamén a baleeira de Alxeciras para montar a factoria de Morás (1965). A familia Massó remolcou a península do morrazo coa maroma* da iniciativa industrial.

Image from page 622 of "Notices of the proceedings at the meetings of the members of the Royal Institution of Great Britain with abstracts of the discourses" (1851)

Nestes intres, a balea emprégase para moitos usos: a carne para consumo, a obtención do aceite e graxa (pomadas, derivados coma mateiga ou maionesa), barbas para suxeitadores e fariña como abono ou alimentación animal. As veces atopaban o que se chama ambreina: ámbar gris, unha mezcla de triterpeno degradado, colesterol e ácido benzoico.

cachalote_ballena

Os cachalotes comen calamares e moluscos do fondo mariño. Cando son difíciles de dixerir, mezclanse os restos con xugos gástricos ata formar masas amorfas expulsadas como as bolas de pelo do gato. O valor que ten este refugallo é moi importante: cumpre a ley de Raoult e as propiedades coligantivas.

propiedades-coligativas

Cando sobre un composto volátil añadimos outro composto en calqueira estado, este vai cambiar as propiedades físicas con volátil: baixa a presión de vapor, aumenta o punto de ebulición e baixa a temperatura de conxelación. Asi consigue que suba a temperatura de ebulición e volatilice máis tarde, que escape converténdose en gas a maior temperatura.

ppdades_coligativas

Isto serve para os perfumes, esencias e demáis cosméticos. O que vai facer é reter o cheiro como anzol e cana de pescar.

Os equipos para a extracción do aceite para aproveitar a captura son caldeiras Hartmann e autoclaves para esterilizar a carne.

Os noruegueses desenvolveron unha actividade intensa entre 1924 e 1929; moita menor intensidade a actividades galega en Balea, pero cun impacto positivo na zona (ainda dos cheiros e as graxas no mar).

Arpón ballenero

Case 3 décadas no anonimato (1955-1983) levaba a factoria de Cangas, a preocupación pola devastación dos recursos naturais fixo brotar grupos ecoloxistas con protestas en Galicia de 1978 a 1980 á defensa das baleas.

O Fundimento dos buques baleeiros ISBA UNO e DOS en Marín polos membros de “Sea Shepherd Conservation Society” cheou as portadas dos xornais. Xunto coas presións políticas pola entrada na Unión Europea, a factoria entra na moratoria que lle impedía cazar.

Stop the whale murder

Durante anos o complexo Massó estivo amenazado pola promoción urbanística de “Marina Atlántica”,  un plan do arquitecto Foster de 700 vivendas e 400 amarres. A resistencia popular e a quebra de Marina Atlántica afastaron este proxecto nada respetuoso co patrimonio industrial e natural dos máis de 200.000 m2 do complexo Massó.
Hoxe  fálase da súa conservación, un ben de intese cultural e pode empregarse como reaproveitamento para fins sociais.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Os buques baleeiros da época, Lobeiro, IBSA DOS e Carrumeiro non se recuperaron para o patrimonio industrial na zona, rematando como ferralla de vida mariña. Foron afundidos para convertilos en arrecifes artificiais.

 

 

Humpback Whales

 

 

O derradeiro buque baleiro ISBA TRES descansa na cidade de Sandefjord  (Noruega), cun pasado baleeiro intenso. Novamente este abandono mostra a vergoña e fenda social de Galicia.

 

Retired whaler

       Captura de balea hoxe

Humpback Whale

O instituto de protección da balea e xestión da caza, IWC, marca 3 programas de conservación: as baleas grises no oeste do océano Pacífico Norte, as baleas comúns do suroeste do Atlántico e sueste do Pacífico Sur.  Sobre a mesa hai un novo programa dirixido á protección dos golfiños franciscanos e o sueste da América do Sur.

Islandia y Noruega  son os dous opositores á moratoria actual baixo cautela nela no caso noruegués.

*Maroma é una corda moi grosa, feita de cánabo ou esparto.

REFERENCIAS

https://iwc.int/home

http://ailladosratos.blogspot.com.es/

http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/151

https://iwc.int/day-four-special-permit-whaling

http://culturmar.org/files/Ardentia6-CarmeloParrado.pdf#page=2&zoom=auto,-107,350

Ballenas y balleneros en Galicia, Lino J pazos

Eubalaena. Publicación da Sección Científica da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

http://patrimoniogalego.net/index.php/32055/2013/01/baleeira-de-masso/

http://patrimoniogalego.net/index.php/32286/2013/01/fabrica-de-conservas-de-irmans-masso-en-cangas/

http://patrimoniogalego.net/index.php/20574/2012/06/museo-masso/

The Chemistry of Fragrances: From Perfumer to Consumer

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s