Ángeles Alvariño: Abrente do mar

 

img_1209O próximo 11 de febreiro celébrase o “Día internacional  da muller e da nena na Ciencia”. É unha iniciativa para romper coa desigualdade na elección dos estudos en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas por parte das nenas. A  Asamblea General das Nacións Unidas elixe este día invitándonos a facer actividades de educación e sensibilización  das barreiras nas carreiras científicas e tecnolóxicas.  Dende a páxina 11defebrero.org pódese coñecer o listaxe de actividades (obradoiros, charlas, biografías.. etc) no noso país.

ieo

Ademais disto, este ano cúmprese o centenario do nacemento do Centro Oceanográfico de Vigo, un dos nove Centros Oceanográficos do IEO dedicado á misión de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, incluindo a transferencia de coñecementos do mar e os seus recursos. Rindo un humilde homenaxe dende este Post á primeira  científica española de relevancia mundial e única incluida na “Encyclopedia of World Sciencist” (Oakes 2007): a investigadora mariña Ángeles Alvariño.

Muller arrogante e batente, como ela mesma definía o seu carácter, navegou por varios mares descubrindo 22 novas especies planctónicas mariñas (12 quetognatos, 9 sifonóforos e 1 medusa) e convirtíndose na pioneira no análise de indicadores biolóxicos dos ecosistemas mariños.

angeles_alvarino2

A súa cartografía vital marca o Instituto Español de Oceanografía en Madrid, estancias en British Council Plymouth Marine Laboratory de Reino Unido e California (Scripps Institution of Oceanography). No primeiro deles, realiza traballos sobre a sardiña, plancton mariño, laminarias e outras algas de interese industrial.

Na súa publicación en  Industrias Pesqueras “Muerte masiva y envenenamiento de organismos marinos” analiza varios lugares do mundo as mortes masivas de peixes debido á  purga de mar: proliferación rápida de Gymnodinium, un organismo dinoflagelado constituyente do plancton que ó morrer desprende  gas tóxico para os peixes e moluscos.

No sudoeste de Inglaterra investiga sobre indicadores planctónicos, o mástil na súa carreira. Descubriu no plancton un quetognato indicador de augas costeiras temperado-cálidas do Atlántico Este, Sagitta friderici.

angeles_alvarino3

A participación de Ángeles a bordo dos buques oceanográficos convertéuse nun feito destacado na investigación mariña de Reino Unido, aínda que no Instituto (IEO) embarcaban mulleres investigadoras coma Jimena Quirós Fdez-Tello, Emma Bardán Mateu, María de las Mercedes García López e Encarnación Sánchez dende os anos vinte.

Un pracer poder ler o seu proxecto histórico sobre a expedición de Malaspina: “España y la primera expedición científica oceánica, 1789-1794: Malaspina y Bustamante con las corbetas Descubierta y Atrevida”.

bibliografia_angeles_alvarino

O obxetivo desta expedición foi confeccionar un Atlas hidrográfico para as múltiples zonas de navegación que abarcaba España. Además disto, completaron estudos de fauna, flora, minerais, xeografía dos pobos e costumes, producción de materias primas e artesanía.

despacho-capitan

Durante estas prospeccións nas augas panameñas, determinaban a Temperatura delas baixando unha cubeta a 10 brazos de profundidade (18,30 m) e medindo cun termómetro unha diferencia de medio grado coa superficie. Hoxe en día os termosensores electrónicos desprazan o rudimentario método, pero sigue sendo un factor a medir por afectar á concentración de químicos na auga, sobre todo osíxeno.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Na exploración en Panamá cara a San Blás (México) descobren a existencia de especies de medusas e sifonóforos urticantes, o que dan a chamar as augas “augas malas”. Dentro das observacións xeográficas, climáticas e faunísticas, atopan microorganismos fosforescentes na zona de California e adquiren información sobre minería comparando métodos europeos con los adaptados en Perú para ensinar en minas de México.

As illas de Nova Zelanda foron as derradeiras en permanecer sen habitantes, cunha singular diversidade de paisaxe, xeografía e ambente natural. Anotacións sobre ventos, seguridade de portos, fertilidade de campos e hospitalidade dos habitantes foron as capturas que trouxeron do retorno a España.

Remato  este artigo coas palabras de Odón de Buen, fundador do Instituto Español de Oceanografía:

“sentín afáns insaciables por coñecer os segredos ocultos baixo as ondas, e as causas, pouco aparentes, do orixe  e da vida dos océanos”

BIBLIOGRAFÍA

“Oceanografía, biología marina y pesca” de Lozano Cabo, Ed Paraninfo

“Ángeles Alvariño González, investigadora marina de relevancia mundial” Alberto González- Carcés Santiso, Inst Español de Oceanografía (Temas de oceanografía)

“España y la primera expedición científica oceánica, 1789-1794: Malaspina y Bustamante con las corbetas Descubierta y Atrevida”. Ángeles Alvariño González

“Muerte masiva y envenenamiento de organismos marinos” Industrias pesqueras. Alvariño, A. 1952

 

Quero agradecer especialmente a información prestada por Uxía Tenreiro dende a Biblioteca do Instituto Español de Oceanografía de Vigo, centro oceanográfico que leva 100 años de estudo das condicións físicas, químicas e biolóxicas dos mares do noso territorio, coas súas aplicacións ós problemas da pesca.

 

 

 

 

4 comentarios en “Ángeles Alvariño: Abrente do mar

Deja un comentario