Cementei o mar

cementei.jpg

Cementei o mar para chegar mais lonxe, chegar onde só chegan paxaros e peixes. E sentínme mais ceibe que forte sabendo que a Natureza constrúe e destrúe a sua graza.

Puzolanas son sustancias naturais ou artificiais feitas pó e amasadas con cal para funcionar como aglomerantes para adherir materiais. Fraguan ao mezclar con cais pertencendo á clase de aglomerantes hidráulicos como os cementos e cais xa que endurecen no ar e auga.
A composición química das punzolanas é doada, soamente lle falta o cal para a reacción: óxidos de silicio (maior do 25% en masa) , de aluminio , de ferro e magnesio. Xunto ó hidróxido de calcio forma silicatos e aluminatos de calcio, capaces de endurecer o material.
O nome de puzolana ven do xacemento de Puzzuoli na baía de Nápoles, empregada por gregos e romanos como aglomerante ata a chegada dos cais hidráulicos no século XIX, necesarias para a cementación en augas marítimas e fluviais.
O cemento do latín caementum, que significa argamasa, consegue formar masas pétreas resistentes cando se mestura con áridos e auga. En 1824 saía a patente do cemento Portland de cor similar á pedra da illa inglesa de Portland.
Panorama from Pulpit Rock of Portland Bill, Isle of Portland, Dorset, England
A composición química clasifica os distintos cementos e dótalle de propiedades importantes como o tempo fraguado, resistencia e estabilidade de volume. A trinidade química está composta por cal ou óxido de calcio, sílice ou óxido de silicio e óxido de aluminio. Alén disto, outros compostos en menor medida poden existir na materia o formarse a partir de estes.
Cemento Portland
• Cemento de forno alto
• Cemento puzolánico
• Cemento composto

Cementos resistentes á auga do mar:
‒ cementos portland C3A > 5% , C3A + C4AF < 22% ‒ cementos portland con adicións (escoria de forno alto, fumo de sílice, puzolana natural, cinza voante. C3A > 8% , C3A + C4AF < 25%

‒ cementos con adicións puzolana C3A > 8% , C3A + C4AF < 25%; composto. C3A > 10% , C3A + C4AF < 25% ;escoura de forno alto

C3A: aluminato tricálcico (Al2O3•3CaO ) e C4AF: ferritoaluminato tetracálcico (Al₂O₃•4CaO•Fe₂O)
O proceso de fabricación de cemento marca 3 etapas: moenda das materias primas caliza, marxa e arxila; cocción deste cru a 1450ºC obtendo o chamado “clínker” de cemento e , por último, moenda do clínker con outros compostos como cinzas, punzolanas ou xeso.

cementei o mar
Os morteiros son mesturas plásticas obtidas da suma de aglomerante, area e auga que serven para unir pedras e ladrillos. Móense e machúcase cemento; area de rocha natural silícea, granitica, arxilosa (menos do 3 %), caliza e feldespática; e auga.

mar Cies
Se tes algún amigo ou amiga arquitecto, arquitecto técnico ou enxeñeiro, abofé que xa contaran a diferenza, porque é unha teima que teñen a ensinarnos: a diferenza entre cemento e formigón.
O formigón é o resultado de mesturar aglomerante, area, grava o pedra machucada, auga e aditivos (menos do 1 %). Nas obras marítimas empezou a empregarse xunto cun armazón de ferro desde final do século XIX formando o chamado formigón armado en pontes e depósitos. Substituíndo materiais como no caso do cable inglés, o ferro deixa o mar para mollar aceiro resistindo esforzos de compresión e tracción.

cies paseo
Quimicamente, o formigón que vai endurecer polo aglomerante: cemento ou morteiro, entón o cemento é a base del. Para diminuír a permeabilidade do formigón emprégase microsílice e, ao quedar mergullado no mar no tempo da posta en obra, elíxese cemento de fraguado rápido.
O auga do mar ataca os morteiros e formigóns cos sulfatos e cloruros magnésicos desprazando calcio da obra polo magnesio. As sales formadas sulfato cálcico e cloruro de calcio conseguen desagregan o material ao cristalizar os sulfatos e disolver o calcio do cloruro soluble. Perde química, gaña reactividade con outros compoñentes como aluminatos e deixa a peza cinguida polas accións mecánicas das onda do mar.

Cementar cementei onde non era meu. Cando o mar descubriume, afastou todo aquilo.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s