Polímeros e redes: coma barrufa e brétema

ollos redes

O prometido é débeda. Xa adiantaba no Post anterior que tiña que falar dos polímeros mais veces. Neste intre imos facer unha comparativa con algo tan galego coma son as redes de pesca, sólidos alicerces da industria pesqueira dende os comezos ata os nosos días. O mesmo pasa cos polímeros, evolucionan espallándose como peixes no mar.

chasula redes.JPG
Existe cerca xenreira co tema dos (polímeros) plásticos, porén, tento darlle unha reviravolta xa que están enredados coa pesca. Aínda así, o seu tratamento como refugallo segue a ser un problema medioambiental, e esa é a nosa preocupación.
Teñen a mesma importancia que os aparellos de pesca: bous, nasas, palangres, tarrafas ou boliches que permitiron activades pesqueiras. Estes aparellos cambian de materiais ó mesmo tempo que avanza o desenvolvemento do polímero.
As mallas das redes se tecen de fibras de orixe vexetal, animal, mineral ou química sintética. As de orixe animal como lá, seda ou coiro, eran moi limitados na pesca; as redes de orixe mineral eran de asbesto ou amianto, sen emprego na pesca extractiva. Salientable son a procedencia vexetal e química sintética.

IMG_20160716_172721
O cánabo é unha pranta da familia das cannabáceas, de ata catro metros de altura da que se obtén a fibra téxtil para cordas, sacos e redes.
O algodón é moi pouco resistente a abrasión, emprégase a semente para liñas e redes de enmalle.
Estas fibras teñen problemas de conservación xa que sofren fatiga e descomposición bacteriana. As redes do pasado mollábanse no mar despois de lavalas e pendurábanse en zonas amplas coma alameda de Bouzas. De feito, as casiñas amosaban un puntal onde pender a rede toda a noite.

taller dornas
O Bou é un aparello de arrastre que as autoridades da Mariña prohibiron por ser raspeira e onde pasaba, arrasaba con todo. Se consentía como patexeiro, uso de pobres para coller chocos, luras, eiroas ou fanecas e ata centolas. Empregouse moito como abono das terras o patexo (polybius henslowii), un cangrexo pequeno doado de pescar co bou.
O bou de fóra ou de altura foise desenvolvendo a medida que descobren novas presas criadas mais lonxe. Arrastreiros e rampleiros colgaban na popa salientando os anos de 1975 ata 1990. Acabou destruíndo os ricos cantís e criadeiros a rente do fondo e afastando as flotas de baixura.
A liña foi un aparello de pesca menor para calquera auga. E moi simple, un fío longo armado con chumbo e anzois segundo a especie a pescar. Os primeiros fíos mais resistentes eran de liño e cánabo; deron paso o algodón, esparto, sisal a abacá e outros. Esta evolución no material trouxo capturas mais pesadas e abundantes de badexos.

IMG_20170517_133052_193
Outro dos aparellos é o palangre, composto de delgados cabos divididos en seccións ou palangres (cestos) onde encarnaban os anzois con choco, parrocha ou xurelos. Servía para pescar polbos, moreas, melgachos ou congros e cada brazolada chegaba a medir ata 30 metros..
O boliche é o mesmo que o bou para a praia e tamén foi arredado do mar po ser aparello de arrastre. Antes de largalo, xa de véspera, tiñas que gañar a “posta”: cunha lanchiña na praia onde se quería dar o lance, levantaban un remo e o deixaban caer berrando “posta”, asi ninguén podía pescar alí mais ca ti. O día seguinte, mulleres, nenos e homes largaban cabos á terra para recoller a pesca e facer o reparto.

“adeus postas e boliches,
as praias non vos verán,
o corno ficará mudo,
xa non ten porque roncar”

O xeito é o aparello mais pobre e non facía mal. Armábase de algunhas pezas que se xuntaban unhas e outras antes de largalo; tendíase a todo ó longo do mar a través da corrente. O xeito ten 3 lances: o asexo despois da posta do Sol, o amanexo antes de abrir o día e a galga, cando o Sol estaba alto. O peixe quedaba mallado e tiñan que ter “xeito” para retirar amodo sen desfacelo.
Os inimigos deste aparello eran golfiños e fouliñas, que brincaban preto das sardiñas fitadas nas mallas. Para enxoitar as redes, tiñan unhas cabrias ou paus de pino crabados na ribeira.
A rapeta, o mesmo ca tarrafa e racú, son aparellos de cerco con traias e xaretas que cerra o saco pola pedreira, quedando así o peixe embolsado. Este aparellos enchían os pios de conserveiras e salazóns, cercando a sardiña, parrocha, bocarte, xurel ou lura de noite e de día.

redes e polimeros celulosa

polímero de celulosa
As redes sintéticas son un grupo heteroxéneo de fibras derivadas do benceno, fenol, acetileno, etc. As primeiras incursións falan do século XIX, aínda que no 1920 o químico H. Straudinger (Premio Nobel no 1953) revolucionou coas novas fibras.

551px-Hermann_Staudinger
As proteínas e celulosas desprazaron o algodón como materia prima para fibras semisintéticas como fibra acetil celulosa, goma de cloro ou fibra de proteína como o ácido algínico.

ácido algínico
As redes actuais ármanse de poliamidas, grupo de fibras sintéticas como son amilán, perlón, kaprón ou rilsan.
O nylon, poliamida para pescar en enmalle, e o poliéster para redes de maior tamaño son a botadura na confección de cabos e fíos. Colchar é torcer o fío nun sentido e non contrario para trenzar o cordón feito de fibras continuas nun multifiado de poliamida ou poliester.

agulla redeiras
Para confeccionar a rede empregaban agullas de madeira flexible e resistente (familia das mirtáceas) ou as barbas da balea. Co paso do tempo, este aparellos trocaron polo (polímero) plástico e agullas metálicas de aluminio ou latón, inda que estas son ríxidas e menos empregadas.

IMG_20170517_133351_169
No primeiro paso da rede polimérica e dependendo do tipo, dánse as reacción de adición cos monómeros de al menos 1 dobre enlace o condensación, onde fai falla moléculas diferentes bifuncionales e reactivas como aminas e dioles que van ó mar na forma de poliamidas e poliéteres. A polimerización en cadea emprega 3 pasos, o mesmo que o lance do xeito: iniciación, propagación e terminación. Neste caso, a etapa de iniciación agocha a produción dos radicais libres para a propagación da rede polimérica.
O mesmo que fan as redeiras, o entrecruzamento de moléculas lineais dun polímero termoplástico aumenta a rixidez do material. Xuntanza de átomos entre moléculas adxacentes de sofre no caso do poliisopreno, menguados e crecidos polo nó das mallas.
Hoxe, no noso día das letras galegas, sirva de homenaxe para as mulleres do mar: redeiras de polímeros e artistas de nós firmes da nosa terra.
BIBLIOGRAFÍA
“Cousas, contos. Lembranzas da terra, do mar e da nosa xente”, Emilio Santos Martinez.
“Polímeros en Introducción a la Ciencia de Materiales para Ingenieros”, Prentice Hall.
“La pesca profesional y su técnica”, Francisco Eiroa del río
“Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro”, Xavier Rdez Vergara.

Ángeles Alvariño: Abrente do mar

 

img_1209O próximo 11 de febreiro celébrase o “Día internacional  da muller e da nena na Ciencia”. É unha iniciativa para romper coa desigualdade na elección dos estudos en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas por parte das nenas. A  Asamblea General das Nacións Unidas elixe este día invitándonos a facer actividades de educación e sensibilización  das barreiras nas carreiras científicas e tecnolóxicas.  Dende a páxina 11defebrero.org pódese coñecer o listaxe de actividades (obradoiros, charlas, biografías.. etc) no noso país.

ieo

Ademais disto, este ano cúmprese o centenario do nacemento do Centro Oceanográfico de Vigo, un dos nove Centros Oceanográficos do IEO dedicado á misión de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, incluindo a transferencia de coñecementos do mar e os seus recursos. Rindo un humilde homenaxe dende este Post á primeira  científica española de relevancia mundial e única incluida na “Encyclopedia of World Sciencist” (Oakes 2007): a investigadora mariña Ángeles Alvariño.

Muller arrogante e batente, como ela mesma definía o seu carácter, navegou por varios mares descubrindo 22 novas especies planctónicas mariñas (12 quetognatos, 9 sifonóforos e 1 medusa) e convirtíndose na pioneira no análise de indicadores biolóxicos dos ecosistemas mariños.

angeles_alvarino2

A súa cartografía vital marca o Instituto Español de Oceanografía en Madrid, estancias en British Council Plymouth Marine Laboratory de Reino Unido e California (Scripps Institution of Oceanography). No primeiro deles, realiza traballos sobre a sardiña, plancton mariño, laminarias e outras algas de interese industrial.

Na súa publicación en  Industrias Pesqueras “Muerte masiva y envenenamiento de organismos marinos” analiza varios lugares do mundo as mortes masivas de peixes debido á  purga de mar: proliferación rápida de Gymnodinium, un organismo dinoflagelado constituyente do plancton que ó morrer desprende  gas tóxico para os peixes e moluscos.

No sudoeste de Inglaterra investiga sobre indicadores planctónicos, o mástil na súa carreira. Descubriu no plancton un quetognato indicador de augas costeiras temperado-cálidas do Atlántico Este, Sagitta friderici.

angeles_alvarino3

A participación de Ángeles a bordo dos buques oceanográficos convertéuse nun feito destacado na investigación mariña de Reino Unido, aínda que no Instituto (IEO) embarcaban mulleres investigadoras coma Jimena Quirós Fdez-Tello, Emma Bardán Mateu, María de las Mercedes García López e Encarnación Sánchez dende os anos vinte.

Un pracer poder ler o seu proxecto histórico sobre a expedición de Malaspina: “España y la primera expedición científica oceánica, 1789-1794: Malaspina y Bustamante con las corbetas Descubierta y Atrevida”.

bibliografia_angeles_alvarino

O obxetivo desta expedición foi confeccionar un Atlas hidrográfico para as múltiples zonas de navegación que abarcaba España. Además disto, completaron estudos de fauna, flora, minerais, xeografía dos pobos e costumes, producción de materias primas e artesanía.

despacho-capitan

Durante estas prospeccións nas augas panameñas, determinaban a Temperatura delas baixando unha cubeta a 10 brazos de profundidade (18,30 m) e medindo cun termómetro unha diferencia de medio grado coa superficie. Hoxe en día os termosensores electrónicos desprazan o rudimentario método, pero sigue sendo un factor a medir por afectar á concentración de químicos na auga, sobre todo osíxeno.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Na exploración en Panamá cara a San Blás (México) descobren a existencia de especies de medusas e sifonóforos urticantes, o que dan a chamar as augas “augas malas”. Dentro das observacións xeográficas, climáticas e faunísticas, atopan microorganismos fosforescentes na zona de California e adquiren información sobre minería comparando métodos europeos con los adaptados en Perú para ensinar en minas de México.

As illas de Nova Zelanda foron as derradeiras en permanecer sen habitantes, cunha singular diversidade de paisaxe, xeografía e ambente natural. Anotacións sobre ventos, seguridade de portos, fertilidade de campos e hospitalidade dos habitantes foron as capturas que trouxeron do retorno a España.

Remato  este artigo coas palabras de Odón de Buen, fundador do Instituto Español de Oceanografía:

“sentín afáns insaciables por coñecer os segredos ocultos baixo as ondas, e as causas, pouco aparentes, do orixe  e da vida dos océanos”

BIBLIOGRAFÍA

“Oceanografía, biología marina y pesca” de Lozano Cabo, Ed Paraninfo

“Ángeles Alvariño González, investigadora marina de relevancia mundial” Alberto González- Carcés Santiso, Inst Español de Oceanografía (Temas de oceanografía)

“España y la primera expedición científica oceánica, 1789-1794: Malaspina y Bustamante con las corbetas Descubierta y Atrevida”. Ángeles Alvariño González

“Muerte masiva y envenenamiento de organismos marinos” Industrias pesqueras. Alvariño, A. 1952

 

Quero agradecer especialmente a información prestada por Uxía Tenreiro dende a Biblioteca do Instituto Español de Oceanografía de Vigo, centro oceanográfico que leva 100 años de estudo das condicións físicas, químicas e biolóxicas dos mares do noso territorio, coas súas aplicacións ós problemas da pesca.

 

 

 

 

DANDO A LATA: BALEAS

 

RMS Mauretania afloat after launch

Dáme moita pena rematar este ciclo a redor das conservas, mais outras noticias esperan. Penden das redes no peirao. Hoxe pecho a triada “dando la lata” co pasado baleeiro galego na nosa lingua, como toca contar a nosa historia.

Aínda que houbo 3 faros na costa galega cun pasado baleeiro importante, nós arribamos na ría de Vigo  outra vez. Galicia foi potencia baleeira por ser unha zona de paso dos cetáceos. Volve a levar o temón do patrimonio industrial a familia Massó e a explotación dos recursos mariños: piar da sociedade da época. É xusto un recoñecemento pola importancia historica, social e económica, salientando a labor dos traballadores da vila de Cangas.

whale_3

Os cetáceos son os mamíferos mariños cunha extrema adaptación á vida acúatica. O cachalote pode facer inmersións de máis dun km de profundidade, aliméntase de calamares xigantes de pradeiras marinas e tén un único orificio nasal en forma de S. Do surtidor pódese  recoñecer baleas rorcuais (forma ovoidal), baleas (dobre) ou cachalotes (hacia adiante).

Os cetáceos arribaban á costa mortos ou desorientados, avistados por vixiantes nas atalaias de altos lares. Moitos son os mosteiros preto do mar, que viran as baleas na beira da costa coma envío divino.

cachalote-varado

Máis que a fama que teñen os vascos, a orixe da caza da balea xurde das mans galegas, asturianas e cántabras na franxa costeira do Cantábrico e Atlántico fisterrá. Na costa cantábrica  ármase unha flota exclusiva á persecución, caza e despezamento; os vascos empregaban portos galegos para as súas capturas (Malpica, San Ciprián, A Coruña,..).

cetaceo-museo-mar

Cazaban a balea franca (Eubalaena glacialis) ou balea dos vascos, a balea de pintas (Balaenoptera borealis), balea azul (Balaenoptera musculus), e balea común (Balaenoptera physalus)  das augas atlánticas. A primeira delas xa está extinguida no Atlántico europeo dende a idade media, e a balea azul foi cazada intensamente no século XX nas augas europeas.

Na época medieval o empregaban para alumearse e como alimento, existindo documentación das incursións dos pescadores vascos nas nosas costas.

Testemuña do noso pasado baleeiro son os escudos e nomes das localidades galegas e portuguesas, por exemplo, o escudo de Laracha, pobo en Caión, que vivía da forte extracción do mar.

escudo_de_laracha

Acelerando o tempo, chegamos ós comenzos do século pasado, cando surde  a industrialización do litoral. As 3 factorías marcadas no mapa son Morás (Lugo), Caneliñas (Cee, A Coruña) e punta Balea (Cangas, Pontevedra). Punta Balea foi creada (1955) e pertencía o complexo industrial de Massó, pero Massó xa traballara antes coas licenzas de Caneliñas e Morás no comezo do século.

mapa_galicia_baleeira

Empresarios noruegueses crean Caneliñas (1920) e no Sur de España, mais en pouco tempo, a familia conserveira obtén tamén a baleeira de Alxeciras para montar a factoria de Morás (1965). A familia Massó remolcou a península do morrazo coa maroma* da iniciativa industrial.

Image from page 622 of "Notices of the proceedings at the meetings of the members of the Royal Institution of Great Britain with abstracts of the discourses" (1851)

Nestes intres, a balea emprégase para moitos usos: a carne para consumo, a obtención do aceite e graxa (pomadas, derivados coma mateiga ou maionesa), barbas para suxeitadores e fariña como abono ou alimentación animal. As veces atopaban o que se chama ambreina: ámbar gris, unha mezcla de triterpeno degradado, colesterol e ácido benzoico.

cachalote_ballena

Os cachalotes comen calamares e moluscos do fondo mariño. Cando son difíciles de dixerir, mezclanse os restos con xugos gástricos ata formar masas amorfas expulsadas como as bolas de pelo do gato. O valor que ten este refugallo é moi importante: cumpre a ley de Raoult e as propiedades coligantivas.

propiedades-coligativas

Cando sobre un composto volátil añadimos outro composto en calqueira estado, este vai cambiar as propiedades físicas con volátil: baixa a presión de vapor, aumenta o punto de ebulición e baixa a temperatura de conxelación. Asi consigue que suba a temperatura de ebulición e volatilice máis tarde, que escape converténdose en gas a maior temperatura.

ppdades_coligativas

Isto serve para os perfumes, esencias e demáis cosméticos. O que vai facer é reter o cheiro como anzol e cana de pescar.

Os equipos para a extracción do aceite para aproveitar a captura son caldeiras Hartmann e autoclaves para esterilizar a carne.

Os noruegueses desenvolveron unha actividade intensa entre 1924 e 1929; moita menor intensidade a actividades galega en Balea, pero cun impacto positivo na zona (ainda dos cheiros e as graxas no mar).

Arpón ballenero

Case 3 décadas no anonimato (1955-1983) levaba a factoria de Cangas, a preocupación pola devastación dos recursos naturais fixo brotar grupos ecoloxistas con protestas en Galicia de 1978 a 1980 á defensa das baleas.

O Fundimento dos buques baleeiros ISBA UNO e DOS en Marín polos membros de “Sea Shepherd Conservation Society” cheou as portadas dos xornais. Xunto coas presións políticas pola entrada na Unión Europea, a factoria entra na moratoria que lle impedía cazar.

Stop the whale murder

Durante anos o complexo Massó estivo amenazado pola promoción urbanística de “Marina Atlántica”,  un plan do arquitecto Foster de 700 vivendas e 400 amarres. A resistencia popular e a quebra de Marina Atlántica afastaron este proxecto nada respetuoso co patrimonio industrial e natural dos máis de 200.000 m2 do complexo Massó.
Hoxe  fálase da súa conservación, un ben de intese cultural e pode empregarse como reaproveitamento para fins sociais.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Os buques baleeiros da época, Lobeiro, IBSA DOS e Carrumeiro non se recuperaron para o patrimonio industrial na zona, rematando como ferralla de vida mariña. Foron afundidos para convertilos en arrecifes artificiais.

 

 

Humpback Whales

 

 

O derradeiro buque baleiro ISBA TRES descansa na cidade de Sandefjord  (Noruega), cun pasado baleeiro intenso. Novamente este abandono mostra a vergoña e fenda social de Galicia.

 

Retired whaler

       Captura de balea hoxe

Humpback Whale

O instituto de protección da balea e xestión da caza, IWC, marca 3 programas de conservación: as baleas grises no oeste do océano Pacífico Norte, as baleas comúns do suroeste do Atlántico e sueste do Pacífico Sur.  Sobre a mesa hai un novo programa dirixido á protección dos golfiños franciscanos e o sueste da América do Sur.

Islandia y Noruega  son os dous opositores á moratoria actual baixo cautela nela no caso noruegués.

*Maroma é una corda moi grosa, feita de cánabo ou esparto.

REFERENCIAS

https://iwc.int/home

http://ailladosratos.blogspot.com.es/

http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/151

https://iwc.int/day-four-special-permit-whaling

http://culturmar.org/files/Ardentia6-CarmeloParrado.pdf#page=2&zoom=auto,-107,350

Ballenas y balleneros en Galicia, Lino J pazos

Eubalaena. Publicación da Sección Científica da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

http://patrimoniogalego.net/index.php/32055/2013/01/baleeira-de-masso/

http://patrimoniogalego.net/index.php/32286/2013/01/fabrica-de-conservas-de-irmans-masso-en-cangas/

http://patrimoniogalego.net/index.php/20574/2012/06/museo-masso/

The Chemistry of Fragrances: From Perfumer to Consumer

NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Unha negra sombra leva afumando sobre Seseña (Toledo) varios días xa. O incendio na instalación de almacenamento ilegal fai señais de fume do problema medioambental que existe no noso país.

neumático de autobús

As instalacións onde almacenar neumáticos fóra de uso teñen que estar situadas a unha distancia respecto a zonas forestais e outra instalación industrial para evitar incendios. Non poden mezclarse con outros residuos, a instalación teñen que ter un solo compactado e acondicionado para manter as condicións de seguridade cun sistema de recollida de augas superficiais. A altura máxima vai de 3 a 6 metros en silos, dividindo a zona de almacenamento en celdas ou módulos independentes cunha capacidade máxima de 1000 m3.

Non parece moi difícil acumular neumáticos. Un trasteiro o galpón na casa, abofé que si. Mais non queda aquí a cousa, senon que comprícase un chisco.
Os produtores de neumáticos teñen que remitir a Administración Pública (da súa Comunidade Autónoma) cantos neumáticos foron postos ó ano no mercado nacional, sexan importados o adquiridos doutros países europeos.
Os xestores de neumáticos informarán ás comunidades autónomas das cantidades de neumáticos e materiais procedentes de estes. No caso dos neumáticos, a “matrícula” que ten que levar é 160103. Varios personaxes circulan por esta vía: Axente de residuos non perigosos, Negociante de residuos non perigosos, Transportista profesional, Preparación para a reutilización, Almacenaxe temporal e Punto Limpio.

coche miniatura
O negociante e o axente de residuos son notificantes, van trasladar ou facer que se trasladen residuos. Teñen a obriga de tramitar o traslado dende produtor, cara ó destinatario, intermediario, consultor, etc.
Terá que controlarse canto se produce, canto se retira e, o máis interesante para o Medio Ambiente, canto se leva a tratamento de valorización.

roda de coche
Valorización é calquera operación que teña por resultado una finalidade útil ó residuo sustituíndo a outros materiais. As operacións que non sexan valorización chámanse eliminacións, ainda que teña como consecuencia secundaria o aproveitamento de sustancias o enerxía. Que se incineramos o residuo obtendo enerxía, vai ser eliminación. O destinatario é a persoa ou a empresa á cal se trasladan os residuos para a súa eliminación ou valorización.

coche de miniatura

No caso dos neumáticos, 2 empresas danlle unha segunda vida útil. Signus e TNU xuntan a recollida de mais de 200.000 toneladas no ano 2013 cunhas cifras semellantes en canto a valorización e reutilización.

porcentaxe valoración neumáticos
TNU ten varias liñas para darle un novo valor ó residuo:
illamento acústico y vibracional de paredes, cháns y teitos, feito de partículas de caucho, fibras metálicas e fibras téxtiles.
Atenuador del oleaxe nas zonas protexidas.
Carreteiras ecolóxicas con base de goma para darle adherencia e menos ruido.
• Futuros leitos de frenado, paralelos á calzada mezclando pedrullo, area e pezas de neumáticos.
Gardarraís de neumáticos reciclados para producir un efecto rebote e neutralizar a enerxía do impacto.

medidor do aire para neumáticosNo caso de SIGNUS, o neumático enteiro emprégase para barreiras de protección en circuitos de velocidade, reductores de altura de ola, aprovechamiento de superficie para balsas de almacenamento e infiltración, construcción de taludes, aplicacións en enxeñería de vertedoiros (protección de revestimento impermeable).

cartel garaxe
O triturado de neumático obténse da transformación do neumático enteiro sen separación dos tres componentes: Caucho, metal e fibra.

caucho, estructura molecular
Caucho sintético: polímeros elastómeros con excelentes propiedades mecánicas de tracción, flexión e compresión; propiedades dinámicas para absorción de impactos, absorción de vibracións e amortiguación do ruido. Os cauchos sintéticos poliisopreno son casi o 100% en configuración Z (cos sustituintes grupo metilo e hidróxeno no mesmo lado). Solen tratarse en quente con azufre, o chamado vulcanización, e asi formar pontes de azufre aumentando a elasticidade entre polímeros.

Metal : aceiro de moi boa calidade e grandes prestacións. Este material reciclase na empresa siderúrxica.
Fibra: material derivado do petróleo cun gran poder calorífico e con boas propiedades de illamento acústico e térmico, como o nailón, rayón ou poliéster.
O de menor tamaño emprégase como combustible sólido recuperado en cementeras.

parte de atrás do coche en miniatura

O de tamaño medio e grande rodan cara a obra civil, (extracción de biogás, material de drenaxe, muros..) e combustible sólido recuperado.
TRIOC é o triturado para aplicacións de obra civil (recheo lixero de terrapléns, material de drenaxe, recheos de trasdós de muros)
CHIP é o caucho e textil sen aceiro e finaliza coa valorización material e enerxética (combustible sólido recuperado).
Granulado ( 0,8-10 mm) emprégase para illamento, campos de céspede artificial, pavimentos, parques infantís e pezas de caucho.
Po serve para mezclas bituminosas, pezas de caucho e illamentos.

roda no garaxe
Aínda que son moitos os usos e aplicacións neste tratamento final do residuo, parece que non serán viables despois do incendio. Mais de 50.000 toneladas de rodas queimadas que xa non serán solución, se non un novo problema medioambiental.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

elevador de coches Esta entrada participa no “LVII Carnaval de la Química (Ed. Lantano)” aloxado no moi recomendable blogue La aventura de la Ciencia do gran Daniel Martín Reina.

REFERENCIAS
http://www.elconfidencial.com/espana/2016-05-16/incendio-esena-80-millones-neumaticos-reciclados_1200969/
http://siam.cmati.xunta.es/o-ambilex?p_p_id=lexislacion_WAR_lexislacion&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_lexislacion_WAR_lexislacion__spage=%2Fportlet_action%2Flexislacion%2FdetalleNorma&_lexislacion_WAR_lexislacion_idNorma=1367
http://www.sigrauto.com/
http://www.aedra.org/
http://www.boe.es/boe/dias/2006/01/03/pdfs/A00352-00357.pdf
http://www.tnu.es/
http://www.magrama.gob.es/imagenes/es/pemaraprobado6noviembrecondae_tcm7-401704.pdf#page=75&zoom=auto,-107,672