Radioactividade mar adentro

1940 U-boote en el Atlántico - Geoff Hunt

Hai uns días que esta noticia virou o temón do blogue quimidicesnews a Galicia, e sempre que falamos do noso, o facemos en galego.

https://www.farodevigo.es/galicia/2019/05/04/xunta-admite-carece-informacion-controles/2098678.html

A Xunta de Galicia non ten medicións nin informacións da radioactividade do Fosa Atlántica, onde descansan 140.000 toneladas de residuos nucleares.  Entre 1949 ata 1982 mergulláronse 223.000 bidóns de aceiro e formigón cheos de material nuclear. Os países implicados foron Gran Bretaña, Holanda, Francia, Bélxica, Alemaña, Italia, Suíza e Suecia, deixando á deriva a fosa a 4000 metros de profundidade e 650 km da costa galega. Dende 2005, data da última inspección do OIEA (Organismo Internacional de Enerxía Atómica), ninguén vixía o material radioactivo, sempre xove, sempre Xonxa, mar adentro.

Punta de Estaca de Bares. Mañon (La Coruña).

Non me cubras de terra, nin me metas nun nicho.
Se non queres mirarme, lévame a campo aberto,
déixame ollando o ceo para irme repartindo
entre todo o que queira levarse de min algo.
Un verme, unha mosca, un paxaro calquera…
ata que me consuman por amor regalado
para empurrar a vida soñando pero libre,
que cada un recolla o que me deu prestado.
Así, cando caia, deixádeme caído
para retornar á vida alí onde eu caia.

Extracto do poema “Cando eu caia “ de Ramón Sampedro

Vandellòs Nuclear Power Plant

Xa falaramos noutra ocasión da radioactividade, fusión e fisión de átomos radioactivos no Post Uranio no es un planeta.

O que imos facer é falar dos residuos ou refugallos nucleares e da química que os envolve.

Comezamos coa  historia das centrais nucleares en España. Podemos ver na imaxe as 3 xeracións que marcan a evolución da enerxética no pais.  Á primeira xeración pertencen centrais proxectadas nos 60 rematando as construcións a comezos dos 70.  Cabrera foi a primeira á que se aplicou o programa de Avaliación Sistemática (Systematic Evaluation Program) da Nuclear Regulatory Commission (NRC, EEUU) para incorporar melloras, reparacións e modificacións do deseño.

No caso de Garoña, tamén viviu o plan de mellora despois de avaliación, coma no caso da substitución dos aneis de material anticorrosivo, do tipo de combustible e as tubeiras de recirculación. Tamén mellorouse o sistema de tratamento de residuos gasosos e líquidos.

Entenderemos entón que un dos problemas de esta industria é a corrosión baixo tensións, que xa falabamos no post do cobre.

@manuelcalavera mais imaxes no seu blogue

Ciclos do combustible e residuos

Image from page 598 of "Collected reprints, Essa Institute for Oceanography" (1966)

O combustible chega á central en bastidores de aceiro inoxidable, que é un tipo de aceiro con un mínimo do 11% de cromo. Este elemento químico é capaz de crear unha película pasivante moi fina e continua que lle da estabilidade o material. Ademais o aceiro inox posúe gran resistencia mecánica, resiste temperaturas elevadas e crioxénicas. As barras de combustible insiren dióxido de uranio lixeiramente enriquecido e, xunto a elas, van as barras de control con seccións absorbentes de aleacións de prata, iridio e cadmio.

Tamén chegan as pastillas de dióxido de uranio dentro de tubos cerrados de zircaloy-2. O zirconio emprégase porque unha pequena sección é eficaz fronte a neutróns térmicos, resiste a corrosión do vapor de auga a elevadas presións e temperatura, e ter elevada estabilidade baixo a radiación. Neste caso, o control mantense con barras de aceiro cheas de pó compacto de carburo de boro capaz de absorber neutróns. O boro é coma un tragaldabas, captura neutróns sen cambiar de elemento. Por iso emprégase tamén na auga da piscina de combustible.

Trojan Nuclear Plant at Ranier on the Columbia River. Built by the Portland General Electric Company Under an Aec Permit, the Project Has Met Stiff Opposition From Environmentalists and Others 05/1973

No programa de vixilancia ambiental inclúense toma de mostras de partículas de pó e radioiodos (131 I) no ar, deposicións de chuvia, solos e vexetación, mostras de augas superficiais, auga potable e subterránea.

Os refugallos radioactivos líquidos mantense nos depósitos de retención onde desintégranse e neutralízanse antes de chegar ó evaporador. Despois diso, sofren un proceso de destilación, desmineralizacións catiónica, aniónica e leito mixto, botando fóra o destilado nunha descarga ó exterior ou reutilización.

Por outro lado, os refugallos gasosos recóllense no depósito regulador de presións e almacénanse ata desintegración. Seguidamente, os gases son filtrados separando as partículas e radioiodos ata depósitos de decaemento o tempo segundo actividade. Os efluentes teñen como dose límite equivalente efectiva 1mSv/ano e dose equivalente efectiva 0,1mSv/ano.

Enrico Fermi Nuclear Generating Station

Os concentrados do evaporador, os cartuchos de filtro, as resinas cambiadoras de ións e absorbentes como trapos, papel e roupas son os refugallos sólidos. O tratamento que levan é a solidificación en cemento para os concentrados, formigón para cartuchos e resinas e compactación para o resto. A seguir, todos os refugallos son encerrados en bidóns metálicos de 210 litros e almacénase. As instalacións de acondicionamento foron actualizadas no primeiro semestre do 1993 , coa nova instalación de solidificación. Estou a falar da central José Cabrera onde se rexistraron os bidóns producidos e acumulados dende 1972 ata 1997.

No caso do combustible irradiado, os elementos descargados do reactor foron enviados para o seu reprocesamento ó Reino Unido ata 1983, que almacenouse o combustible en bastidores dentro do recinto de contención na piscina de combustible (residuos de alta actividade). Este coincide co fin da parada fría e a introdución de modificacións na central.

Los residuos de alta actividade son o combustible irradiado nos reactores de ciclo aberto e residuos vitrificados procedente do reproceso do combustible irradiado de reactores de ciclo fechado. Estes últimos xeran calor e conteñen isótopos de vida media e baixa. Ámbolos dous entérranse internacionalmente en instalacións de almacenamento en formacións xeolóxicas en profundidade. Xunto a elo, as barreiras de seguridade son: a matriz propia do óxido de uranio, o contedor ou cápsula de cobre ou titanio e materiais de recheo o selado (mestura da arxila bentonita e rocha triturada).

Materiais do reactor

Ei Fennovoiman ydinvoimalalle! No to Fennovoima's nuclear power plant!

A vasilla do reactor está feita de aceiro ó carbono recuberto de aceiro inoxidable. O aceiro ó carbono conten mais porcentaxe de carbono (0.5%- 1% ) que o aceiro ordinario (<0.5% ), conseguindo mais tenacidade para soportar esforzos bruscos sen deformarse.

O edificio ou recinto de contención para a blindaxe contra as radiacións gamma e neutróns. Para iso, a estrutura é unha lousa de cementación circular plana de formigón armado e unha cúpula de aceiro. O formigón armado é un dos materiais que mais atenúa e protexe da radiación absorbéndoa e desviándoa a través do seu espesor.

Radioactividade no mundo

fonte
https://www.foronuclear.org/es/energia-nuclear/energia-nuclear-en-el-mundo/mapamundi-de-centrales-nucleares

Son 448 reactores actualmente en operación producen arredor do 11,5% da electricidade mundial e 58 unidades en construción.

OIEA son as siglas do organismo Internacional de enerxía atómica, que coopera coa OMA (organización Mundial de Aduanas) e a INTERPOL  na prevención do desprazamento involuntario e o tráfico ilícito de materiais radioactivos. Pois ben, existe hoxe a Convención sobre a protección física dos materiais nucleares no transporte nuclear internacional firmado no 1980. Esta convención ten unha emenda no 2005 co obxectivo de lograr e manter en todo o mundo unha protección física eficaz dos materiais nucleares (plutonio excepto isótopo 238, uranio 233, uranio enriquecido nos isótopos 235 ou 233) . Para iso, ten que existir responsabilidade do Estado no establecemento, aplicación e mantemento.

O OIEA clasifica os residuos de medicina, industria, agricultura, investigación e ensinanza segundo o potencial de causar efectos deterministas sobre a saúde. A clasificación identifica as fontes radioactivas dende categoría 5 (a menos perigosa) ata categoría 1. Para ter unha visión do risco, aquí tes o porcentaxe de cada categoría recollido por: 0.41 % para categoría 3 (cesio 137), 15.70 % de categoría 4 e 82.64 % de categoría 5 (radio- 226), e por debaixo do valor de exención 1.24 %.

En España existe unha rede de 25 estacións automáticas de vixilancia radiolóxica (REA) en continuo e estacións de mostraxe coa finalidade de controlar o índice de radioactividade da atmosfera, augas e solo. Alén diso, a Dirección Xeral de Protección Civil dispón de 907 estacións automáticas de medida da taxa de dose de radiación gamma, sobre todo na costa.

Como conclusión, sirva esta reflexión. Non sabemos que residuos permanecen somerxidos na Fosa Atlántica, agora sabemos que materiais se empregaron para a súa contención e os plans de vixiancia radiolóxica actuais e a longo prazo. O mundo non pode permitir hoxe unha xestión dos residuos sen control nin responsábeis.

Quero ir ó mar porque alí teño
nos seus abismos os meus segredos,
os meus soños de home
e os meus soños de neno.”

Extracto do poema “Quero ir ó mar “ de Ramón Sampedro

BIBLIOGRAFÍA

“Cando eu caia” Ed Xerais,  Ramón Sampedro

http://www.literaturbia.com/2018/03/14/poema-de-ramon-sampedro/

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130408/AnuncioCA02-020413-0001_es.html

Ley 25-1964, de 29 de abril, sobre energía nuclear

Ley 15-1980, de 22 de abril, de creación del Consejo de Seguridad Nuclear

Real Decreto 1836-1999, de 3 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento sobre instalaciones nucleares y radiactivas

Instrucción IS-26, de 16 de junio de 2010, del Consejo de Seguridad Nuclear, sobre requisitos básicos de seguridad nuclear aplicables a las instalaciones nucleares

Directiva 2014-87-EURATOM, del Consejo, de 8 de julio de 2014, por la que se modifica la Directiva 2009-71-EURATOM del Consejo, de 25 de junio de 2009, por la que se establece un marco comunitario para la seguridad nuclear de las instalaciones nucleares

Directiva 2009-71-EURATOM del Consejo, de 25 de junio de 2009, por la que se establece un marco comunitario para la seguridad nuclear de las instalaciones nucleares (OIEA) Principios fundamentales seguridad SF-1